As guerras.
A guerra, omnipresente na historia desde Heródoto e Tucídides, foi reivindicada pola historiografía occidental do século XIX, que vía en Grecia e Roma o berce dun modelo occidental da guerra. Na actualidade, politólogos como Hanson, Luttwak e Huntington, asesores dos plans estratéxicos dos EE. UU., seguen defendendo este modelo.
Este libro analiza como se racionaliza a guerra, defendendo a existencia
dunha vinculación íntima entre a estratexia militar, a democracia, a economía e o desenvolvemento da ciencia e a tecnoloxía, elementos todos eles que terían o seu nacemento na Grecia antiga e que posteriormente serían a columna vertebral do estado-nación.
A realidade foi moito máis complexa, porque a guerra vai unida á imposición de réximes políticos, permite consolidar a explotación económica e fomenta a hostilidade constante entre estados, elementos todos eles xa presentes na antigüidade clásica, que intentaría regular a guerra a través do dereito.
A partir da I Guerra Mundial, nace a guerra de materiais, que supón un
incremento xigantesco da capacidade de destrución. Pero esta ocúltase construíndo a imaxe dunha guerra hixiénica, que nega o sufrimento real dos combatentes e da poboación civil, sobre todo dos nenos e as mulleres, que sofren un tipo de violencia bélica moi específico, tal como se pode ver no último capítulo do libro.
Neste libro analízase a guerra vivida, non só a pensada, na perspectiva
que defendía Luciano de Samosata no século II da nosa era, cando dicía
que o historiador debe ter a capacidade de dicir a verdade, querer contala e non facerlle as beiras aos poderosos.

- Editorial: Laiovento |
- Páginas: 204 |
- Dimensiones: 140x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8487-727-1 |