
Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]
A lei do mar
«A lei do mar» narra unha historia real sucedida no Mediterráneo, un mar que é a patria dos que non teñen fogar, unha invernía salvaxe onde non chegan as leis dos homes. Manuel Esteban comparte con nós unha estremecedora historia de morte e de supervivencia, de solidariedade e de egoísmo. Unha historia sórdida impensable en terra firme pero cotiá alén de augas territoriais. Unha bengala de auxilio que estala nas conciencias como sal nas feridas. Este e o relato desacougante de seis mariñeiros que rescatan un grupo de persoas subsaharianas entre as que se atopan tres nenas obrigadas a vivir, mais tamén é o relato desesperado dun home peixe obrigado a esquecer para converterse en humano.
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 112 |
- Dimensiones: 155x230 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-1110-716-7 |