Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

AHLBERG, ALLAN

Noite de golpes

No escuro, escurísimo soto dunha escura, escurísima casa, un esqueleto pequeno está a ler un cómic. Nunha escura, escurísima rúa dunha escura, escurísima cidade, un esqueleto grande está a pasear o can. Así comeza Noite de golpes, outra nova e trepidante aventura, chea de humor e tropezos, protagonizada polos esqueletos máis divertidos creados por Allan e Jane Ahlberg. Nela, o esqueleto grande e o esqueleto pequeno non poden parar de chocar unha vez e outra. Por sorte, o Dr. Ósos está atento para resolver cada situación, aínda que a súa paciencia ten un límite Un álbum ideal para ler pola noite cunha portada cuxos personaxes brillan na escuridade.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páxinas: 32 |
  • Dimensións: 212x275 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Senra Gómez, Óscar |
  • ISBN: 978-84-1343-374-5 |