Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Pedra a pedra
Un libro acartonado e sen palabras para derrubar muros e construírpontes.O ratiño arrinca unha flor que medra nun vello muro e, ao facelo, unbloque de pedra despréndese. Por vez primeira pode ver que hai aooutro lado e rapidamente avisa os demais animais, que pouco a poucovan retirando máis e máis bloques ata derrubar o muro por completo.Cando descobren outro grupo de animais nunha illa próxima, usarán osbloques que antes os separaban para construír unha ponte que os una.Un enxeñoso e conmovedor álbum acartonado que mostra, mesmo aos nenosmáis pequenos, que os muros e os valos poden substituírse por pontesse colaboran. Contado sen palabras, as sinxelas e expresivasilustracións de Giuliano Ferri transmiten de maneira eficaz eaccesible unha mensaxe esperanzadora e máis necesaria que nunca sobrea amizade, a solidariedade e a cooperación, valores universais eimprescindibles para superar diferenzas e conflitos.
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 24 |
- Dimensións: 190x190 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1343-416-2 |