Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Castro Cerceda, Marisa

Soño de liberdade

En Soño de liberdade, a xornalista Rocío Cid, a quen coñecemos como biógrafa de Rosalía Carcedo en A saga das curandeiras, relátanos a vida dunha hipotética muller, nada no rural galego, Sabela Couto Roriz (1949). A novela é un percorrido pola súa vida, desde o seu nacemento na época das cartillas de racionamento ata a chegada
da democracia, xa na súa mocidade. Narra a batalla que a protagonista tivo que manter para saír do círculo de submisión no que vivían a súa nai e mais a súa avoa, batalla que gañou mediante o estudo e a rebeldía e que a levaron a poder traballar fóra do fogar, a casar coa persoa que amaba e a ser independente.
Este itinerario de vida serve para ofrecer unha panorámica sobre os labores agrícolas e gandeiros nos que Sabela se viu obrigada a participar sendo nena e adolescente, sobre a autoridade paterna, a precariedade da vida dunha nena do rural na cidade, as diferenzas de clases sociais, o papel da muller ou as dificultades para vivir un primeiro amor, sempre baixo o xugo da mirada paterna e do que dirán.
Soño de liberdade é, en definitiva, a historia dunha muller libre e adiantada ao seu tempo, dunha muller que traballou para deixar atrás as limitacións e as dificultades da súa educación, e que soñou cunha vida mellor.
  • Editorial: Hércules |
  • Páginas: 232 |
  • Dimensiones: 165x240 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 979-13-87987-11-4 |