Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Caamaño, Begoña

Morgana en Esmelle

A chegada de Morgana altera a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle. A amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade.
Coa súa dor e coas lembranzas de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot. Morgana en Esmelle é unha reflexión en torno á responsabilidade de asumir as consecuencias non desexadas de cada un dos nosos actos. Un debate sobre a necesidade de adoptar compromisos incómodos e implicarse nos momentos históricos.
Sacrificada na loita entre dúas concepcións do mundo, Morgana interróganos sobre a lexitimidade das nosas razóns; mais, acaso a súa condición de vítima faina máis inocente?
Unha novela que reescribe o mito cunha ollada contemporánea.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 192 |
  • Dimensións: 150x215 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-495-7 |