Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

CARLOS L.BERNARDEZ

INTELIXENCIA E CREACIÓN. A OBRA PLÁSTICA DE FRANCISCO MIGUEL.

Francisco Miguel(A Coruña, 1897-Bértoa, Carballo, 1936) foi unha figura central na arte galega das primeiras décadas do século XX. O seu traballo artístico foi realizado entre os anos finais da década dos 10 e o ano do seu asasinato. A partir da 1923, e da súa estadía en París, acentúanse os aspectos decorativos na súa obra e cunha tendencia cara a unha arte ligada á volta á orde, con debuxos de corte clasicista, frecuentemente coa súa esposa, a escritora Syra Alonso, como modelo. Syra e Francisco Miguel vivirán en México entre 1926 e 1933, moi achegados aos intelectuais mexicanos que realizan a revista "Contemporáneos". Esta publicación quere ser unha contribución á recuperación dun pintor demasiado brillante e intelixente- como dixera o seu amigo, o escritor mexicano "Rodolfo Usigli- para sobrevivir aos escuros tempos que impuxeron en Galiza as hordas de Atila.
  • Editorial: Laiovento |
  • Páginas: 103 |
  • Dimensiones: 170x240 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-8487-755-4 |