Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Carballeira, Paula

SOMBRAS NA NOITE

Sombras na noite é un relato de misterio ambientado nunha aldea galega onde unha antiga lenda segue viva: a sombra dunha muller que vaga polas noites nun pazo abandonado. A chegada dunha muller ao lugar fai emerxer un pasado marcado polo medo e a violencia, que se revela a través das voces de tres mulleres.

Con unha atmosfera escura e suxestiva, a historia explora o terror psicológico, a memoria e o medo como herdanza, construíndo un relato inquietante que interpeta tanto lectoras e lectores novos como adultos. As ilustracións de Iván R., de grande forza expresiva, dialogan co texto e reforzan un universo visual cargado de simbolismo.

Un álbum ilustrado que se move entre a narración xuvenil e a literatura para adultos, pensado para quen busca historias intensas, evocadoras e con múltiples capas de lectura.
  • Editorial: Triqueta |
  • Páginas: 64 |
  • Dimensiones: 170x230 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 979-13-87501-48-8 |