Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]
Xaime e as landras
Xaime plantou unha landra, pero
antes de que puidese medrar
un esquío desenterrouna e agachouna.
Xaime plantou unha landra.
Xermolou e agromou da terra, pero...
Así comeza unha sucesión de escenas narradas de forma áxil,
breve e repetitiva; unha técnica recorrente nos contos
para primeiros lectores e de grande utilidade
para a súa narración oral, implicando o público infantil.
Xaime non se rende ante as adversidades e planta non unha,
senón moitas landras. Non se desanima cando os animais
esmagan ou comen os gromos; cando os nenos estragan
a árbore incipiente nin cando os madeireiros a tallan
ao facerse robusta... Porque ao final, unha das landras
de Xaime converterase co tempo nun carballo forte que dea
máis landras.

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 42 |
- Dimensións: 220x220 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8464-532-0 |