Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]
Andrómenas e credos. Suma mitolóxica de Cerdedo e Montes
O volume Andrómenas e credos reúne o froito de tres décadas de recolleita e estudo da mitoloxía popular de Cerdedo e a comarca de Terra de Montes.
Criaturas fantásticas, lugares marabillosos, paisaxes arroubadoras, espazos sagrados e umbilicais a revelación da Montaña Máxica do Seixo, heroes e viláns, costumes, ritos, contos, lendas, conxuros, milagres, obxectos de poder, relatos fundacionais , portentos saídos do pobo e retornados ao pobo con aglaio e requinte.
Esta biblia da mitoloxía montañesa amasouse e aformigou tras bortelar ben bortelada a fariña contida nos foles da colección Cerdedo in the Voyager e da colección Solea Scripsit (2002-2025), masa copeada e enfornada de vagar na tafona de Edicións Morgante.
Para a elaboración desta Suma mitolóxica o nº 27 da Voyager volveuse zugar con fruición dos testemuños orais e escritos, sempre na procura do xenuíno, da orixinalidade, da palabra certa , engadindo e corrixindo, primando a conservación, a valorización e a divulgación do material recadado.
Dende Cerdedo para o mundo, as liñas de investigación e intervención cultural (publicacións, roteiros, charlas, descubertas ) desenvolvidas no concello e na comarca de Montes anos andados convertéronse en referente ou fonte de inspiración para outros moitos investigadores e afeccionados, circunstancia que nos fai sentir fondamente satisfeitos. Sapere aude. Vai polas ánimas.

- Editorial: Morgante |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-19040-62-6 |