Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Fontenla Leal

Un émulo pacífico de Breogán, a alma de Galicia en Cuba, José Fontenla Leal (Ferrol, 1864 - A Habana, 1919), home autodidacta, feito a si mesmo, con poucos estudos, mais cunha intelixencia innata que lle permitía convencer e aglutinar, tiña unha idea clara e unha vontade de ferro que converteu o amor á súa terra en feitos duradeiros. Bandeira, Himno, Academia… débense, en boa medida, á súa iniciativa persoal, conseguindo limar asperezas e xuntar vontades, en proveito da súa terra.
Esta biografía exhuma documentos inéditos, como o prototipo da primeira bandeira galega, aborda as relacións que mantivo con persoeiros como Murguía, Curros Enríquez, Cabanillas e Villar Ponte, e achega datos relevantes sobre un personaxe que hai ben tempo merecía ser estudado.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 260 |
  • Dimensións: 150x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-585-5 |