Maseira
Como nace Maseira?
Nace do abraio ante o horror que estamos vivindo, neste contexto bélico, marcado polas guerras. Nace como unha vía de escape ante estas imaxes tan duras que vemos todos os días nas redes sociais, e nos medios de comunicación.
Por iso, o meu obxectivo con este texto era fuxir un pouco deste horror diario ao que parece que nos acostumamos cada vez máis e que cada día está máis presente en todos os lugares.
(Nós Diario)
O xurado quere salientar que outorga o premio a esta obra pola súa frescura e orixinalidade, e subliña o uso dun humor tendente ao absurdo que define un estilo propio e envolvente.
Saliéntase igualmente o seu carácter antibelicista, tratado dunha maneira non dogmática, o que permite unha lectura crítica e aberta. A narración constrúe un certeiro retrato dun mundo apocalíptico que conecta directamente coa realidade que vivimos no presente: a proposta sitúase en sintonía coa actualidade internacional, pero mantense ben asentada na realidade galega.
Por estas calidades, que conxugan compromiso e innovación estética, a obra elíxese como gañadora do certame por unanimidade..
(Extracto da acta do xurado do VIII Premio Laudamuco)

- Editorial: Positivas |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 979-13-990398-9-4 |