Historias de fantasmas (GAL)
Tras a morte do seu home, despois de corenta e tres anos de vida en común, a escritora Siri Hustvedt escribe desde o centro do desconcerto. O tempo compartido co tamén escritor Paul Auster deixou un rastro de rutinas, palabras e xestos na súa casa de Brooklyn, onde permanecen as cadeiras verdes en que ambos sentaban a ler os libros do outro. Todas esas cousas forman parte de Historias de fantasmas, que convoca as rutinas, algunhas correntes, outras insólitas, dunha vida dedicada á escrita.
Neste libro encantador e estrañamente luminoso, que inclúe os últimos textos que Paul Auster escribiu ao final da súa vida unha serie de cartas para o seu neto Miles, unha escritora en estado de graza, lúcida e conmovedora, fala do dó, por suposto, pero sobre todo fala do que se asenta sobre el: a linguaxe compartida do amor de longa duración, a forma en que dúas persoas poden chegar a converterse na mesma persoa se viven xuntas o tempo suficiente.

- Editorial: Rodolfo e Priscila |
- Páginas: 324 |
- Dimensiones: 135x200 |
- Idioma: castelán |
- Traducción: Meixide,Carlos |
- ISBN: 979-13-991705-2-8 |