Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Fortes Torres, Antón

O Zoco

Un estralo de milicroque no cristal, e todo se torna escuro.

En O ZOCO transfórmase a realidade da guerra española de 1936-39 nun álbum ilustrado. Neste caso, o foco céntrase nos danos colaterais que provoca, especialmente na infancia.

O mundo do protagonista esfarélase: a seguridade familiar, os xogos, a escola e a aprendizaxe bórranse dun golpe, e a violencia emerxe no entorno. O horror e o medo velan os soños do cativo e alimentan os seus pesadelos. O silencio campa arredor.

A perda e a angustia que comporta pairan polas páxinas do libro: a mestra, os amigos, a ausencia temporal do pai… ata que a morte se apropia de todo.

Para aturar a desfeita, o neno evoca a época prebélica ou foxe a través dos contos, ata o punto de que, inocentemente, confunde a guerra cos estralos da festa, cun fatal desenlace.

Realidade e ficción mestúranse, co texto dramático de Antón Fortes e as poéticas metáforas visuais realizadas a grafito por David Álvarez, que invitan a desentrañar múltiples interpretacións cun estilo único e unha calidade innegable.

Un álbum moi emotivo que reivindica a memoria histórica e mostra a substancia da guerra coa esperanza en erradicala.
  • Editorial: OQO |
  • Páginas: 40 |
  • Dimensiones: 240x300 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9871-791-4 |