Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

A lingua estranxeira

Dous mozos pérdense por unha terra allea na procura dun antigo asentamento colonial. Mentres foxen dos incendios e buscan acubillo en hoteis perdidos na selva, unha fráxil intimidade xorde entre eles, sempre ameazada pola posibilidade de que cada palabra signifique o contrario do que parece.

Esta viaxe é a porta de entrada a un mundo narrativo expansivo e único: un viaxeiro decimonónico que rexistra os albores dunha sociedade en cartas alén mar, unha parella que se le libros en alto para non mirar o que se aproxima e, como un coro subterráneo, un grupo de figuras espoliadas que esixen retornar.

A medio camiño entre a crónica íntima e a novela histórica, pero sempre ancorada no noso precario presente político, A lingua estranxeira é unha novela sobre a arte e a restitución, sobre a sombra alongada da violencia colonial, sobre a linguaxe como forma de arruinar e recompoñer mundos. Unha obra polifónica e valente, sostida mediante a alternancia de catro liñas narrativas, que mestura tradicións para erixir, nas fronteiras da literatura, o país impuro dos sen-nome.

  • Editorial: GALAXIA |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1176-607-4 |