Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

RIVEIRO COELLO, ANTON

Os abandonos

Delfina, unha muller difícil, caprichosa e egoísta, ten un trastorno narcisista da personalidade e todo un mundo de ficción onde adoita acubillarse. Antes de chegar aos oitenta anos, vese tamén afectada pola demencia e non tarda en entrar nunha fase de dependencia que altera as súas defensas.
Lucía queda en Compostela con Susana, a súa irmá, para tomaren a inevitable decisión de internar a nai nunha residencia da terceira idade. Mais, no último momento, Delfina desaparece sen deixar rastro e as fillas prepáranse para o peor, porque nesa espera caben todas as desgrazas. O que non imaxinan é que levan vivindo toda a vida cunha descoñecida.
No camiño desta novela, absorbente e dura, escrita desde a dor e as feridas de Lucía, o autor vainos enfrontando con temas delicados, como os coidados, a vellez, a saúde mental, os abusos e os sentimentos familiares.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 134 |
  • Dimensiones: 150x230 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1176-603-6 |