Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Mancebo, Alberto

Os tres nomes da Sartegua

Elisardo criouse en Cadullo, unha parroquia do concello de Vimianzo ben coñecida por renderlle culto á Sartegua. Despois de anos afastado da vida no lugar, regresa para asistir a un enterro ao que non podía faltar. Desnortado tras un matrimonio esfarelado e cunha relación distante coa filla, decide arranxar a casa familiar e cambiar de vida, atraído polo que significa ser «un fillo da Santa, da Sartegua».
Entre os ecos do que se agocha no río e nos montes de Cadullo, Elisardo e dous vellos amigos seus enfróntanse á culpa e aos segredos. Mais cando a cobiza e o medo entran na aldea, o mito da Santa deixa de ser só unha lenda para converterse nunha ameaza, e eles tres deberán decidir se encaran a verdade ou se deixan arrastrar pola corrente cara á liña que separa a realidade do mito.
En «Os tres nomes da Sartegua» Alberto Mancebo constrúe un relato luminoso e tenro sobre a amizade, o desarraigamento e o poder da cultura rural e das tradicións. Unha historia profundamente humana que conmociona, interpela e permanece na memoria de quen a le.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 232 |
  • Dimensións: 155x225 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-860-7 |