Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

BAÑOS DE COS,JOSE LUIS

Khôra (I Premio Castelao de Textos Teatrais 2026)

Noa e Enzo mercan un modesto piso en Vigo a onde trasladan as reunións que, cada venres, manteñen co seu grupo de amigos. A través destes encontros, descubrimos a realidade de toda unha xeración: a dificultade de acceder a unha vivenda digna, o significado do fogar, as viraxes ideolóxicas e a transformación das nosas cidades en lugares cada vez menos habitables. Seremos testemuñas, tamén, de como as utopías se converten en distopías xustificadas en nome do progreso.
Khôra é unha reflexión sobre o ser humano contemporáneo, a mutación das nosas relacións persoais e o noso vínculo esencial co lugar que habitamos. É o tempo o que nos transforma, ou é o espazo o que nos define?
I PREMIO CASTELAO DE TEXTOS TEATRAIS
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páginas: 92 |
  • Dimensiones: 135x210 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-1176-617-3 |