Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Villares, Ramón

O consello de Galiza. Política galega no exilio

Este libro trata sobre o Consello de Galiza, que se fundou no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944. Foi a primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito do 28 de xuño de 1936 que aprobara o proxecto de Estatuto de Autonomía; tamén trata da política galega feita no exilio e mesmo no interior desde os tempos da Guerra Civil ata a morte de Franco e os primeiros pasos do réxime de preautonomía. Ramón Villares afonda neste tema ante a necesidade de completar unha parte salientable da historia política da Galicia do século XX coas voces e as accións dos exiliados. Un relato que atende á historia interna de Galicia, pero que se esforza por lle dar un enfoque comparado, tal como a propia temática esixe e, ao tempo, analizar o esforzo dos exiliados para colocar a causa política galega nunha dimensión internacional.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 556 |
  • Dimensións: 150x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-611-1 |