Horario: De 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30h. Cerramos los martes por la mañana y los domingos todo el día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Carlos Valcárcel

Presentamos a 2ª edición, revisada e ampliada, de Carlos Valcárcel. Fotografía etnográfica 1960- 1980, no que se inclúe unha coidada selección da obra do fotógrafo lugués Carlos Valcárcel relacionada co patrimonio histórico, cultural e etnográfico da Galicia dos anos 60 e 70 do século XX, cando aínda quedaban trazos auténticos dunha cultura secular tradicionl que pronto comezaría a esmorecer con rapidez. A introdución do libro, na que se realiza un profundo estudo da figura humana e como fotógrafo de Carlos Valcárcel, está escrita por dous amigos, compañeiros de afección e profundos coñecedores da súa obra e da súa técnica: os fotógrafos Román Montesinos e Eduardo Ochoa. Cun formato, de 230 x 225 mm, tapa branda con lapelas e impresión ófset en papel mate de gran calidade, as 197 fotografías incluídas en branco e negro nas 252 páxinas do libro reflicten os tres grandes grupos nos que as clasificamos baseándonos nas persoas e o que fan. Un primeiro adicado ao traballo, un segundo á socialización e o terceiro ás persoas da Galicia daqueles anos. Nesta ocasión realizouse un profundo traballo de documentación da
  • Editorial: Canela Editoriial |
  • Páginas: 252 |
  • Dimensiones: 200x200 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 979-13-991680-1-3 |