Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Yáñez, Antía

Bragakadabra

Branca ten dez anos, está fartísima de «tea parties» con peluches e a súa vida parécelle máis gris ca unha tarde de choiva... ata que a avoa Coral, desaparecida hai anos, irrompe na casa cunha maleta vella e un segredo que vai poñer todo patas arriba. Sen explicacións e cunha ovella anana de compañeira, Branca viaxa a Ouessant: unha illa francesa onde as mulleres da súa familia gardan un don tan antigo coma perigoso. Alí terá que aprender a confiar en si mesma para lidar con bragas máxicas, carneiros que falan e unha perigosa rede social que transforma as persoas en zombis pegados a unha pantalla.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 184 |
  • Dimensións: 140x190 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-853-9 |