Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

GARRIDO, MANUEL

O Camiño de Santiago: doce séculos de historia

Nacido das peregrinacións que comezaron a realizarse a Compostela no século XII, o Camiño de Santiago é unha das creacións culturais máis grandes e lonxevas desenvolvidas en Europa no último milenio. «O Camiño de Santiago: doce séculos de historia» é un pequeno tesouro, tanto para o peregrino que quere adquirir un coñecemento ameno e rigoroso que sen dúbida enriquecerá a súa experiencia, como para calquera outra persoa que queira acrecentar o seu saber sobre este.
Consciente de que, co paso do tempo, as raíces relixiosas do Camiño se foron estendendo ao ámbito espiritual, cultural e social, Manuel Garrido ofrece nestas páxinas un completo panorama de todos os aspectos relevantes que se produciron ao seu redor, para dar tamén unha adecuada medida da súa singularidade histórica e antropolóxica.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 272 |
  • Dimensións: 155x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1110-858-4 |