A Banda da Albóndega e o misterio afundido de Areleira
En Areleira, unha pequena vila mariñeira onde a marea deixa ao descuberto lodo, cunchas de mexillóns e segredos, Antía e o seu can Ringo atopan unha pequena caixa enferruxada enterrada na praia. Dentro agóchase un fragmento de cerámica azul cun símbolo misterioso. O que semella ser unha simple curiosidade convértese axiña na primeira pista dun enigma. Cos seus amigos Brais, Lúa e Kike, Antía funda A Banda da Albóndega e, xuntos, descubrirán que están a recuperar moito máis ca un misterio: están a rescatar a memoria dunha vila.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 120 |
- Dimensións: 135x190 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-878-2 |