A gran familia. Figuras clave da música tradicional galega
Tomás Cuesta ofrece neste libro un percorrido rigoroso e apaixonado polas vidas, estilos e achegas dalgúns dos protagonistas que marcaron a identidade sonora de Galicia. A obra parte dunha anécdota internacional para reivindicar o valor universal da música tradicional do noso país. A través de relatos biográficos, acompañados da forza icónica das ilustracións, Cuesta explora a música tradicional galega dende a transmisión oral e a vida rural ata a chegada das gravacións e a modernidade, reflexionando sobre o equilibrio entre tradición e innovación.Con vocación divulgativa e coa intención de animar á escoita activa, o libro presenta a música tradicional galega como unha memoria viva: un patrimonio colectivo, forxado pola necesidade e a creatividade, sempre en diálogo co seu tempo e aberto á reinterpretación no futuro.
- Editorial: Xerais |
- Páxinas: 168 |
- Dimensións: 195x245 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-1110-877-5 |