Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Millán, Blanca

A NOSA HORTA: CAIXA CON 63 FICHAS

Crear unha horta na casa está ao alcance de todos. Esta caixa reúne 63 fichas ilustradas a toda cor con todo o necesario para aprender a cultivar e coidar unha horta durante todo o ano.

De forma sinxela e práctica, os nenos descubrirán como elixir o lugar axeitado para a súa horta, preparar compost, sementar e apañar, coidar cada cultivo e saber que froitas e verduras plantar en cada época do ano.

Inspirado en O gran libro da nosa horta, de Blanca Millán, este práctico manual en fichas achega os máis pequenos ao cultivo, á natureza e á orixe dos alimentos, con consellos e trucos fáciles de poñer en práctica.

63 fichas para aprender, cultivar e gozar da túa propia horta na casa.
  • Editorial: Do cumio |
  • Páxinas: 63 |
  • Dimensións: 110x170 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8289-826-1 |