Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]
NARF: CANTO SENTIDO
Dez anos despois do seu pasamento, Fran Pérez, Narf. Canto sentido recupera a memoria e o legado dun dos músicos máis singulares e queridos da cultura galega contemporánea.
Fran Pérez, Narf, foi un creador incontornábel. Músico, compositor, intérprete, actor, escritor e viaxeiro, desenvolveu ao longo da súa traxectoria unha obra persoal e inconfundíbel, construída a partir da curiosidade, da experimentación e, sobre todo, dos encontros. A súa música medrou entre Galiza e o mundo, entre as táboas teatrais e salas de concertos, aberta a linguas e tradicións; nun diálogo constante que acabou por converter a colaboración nunha das marcas fundamentais da súa obra.
Canto sentido nace desa vontade de volver aos lugares, ás músicas e ás persoas que formaron parte do percorrido de Narf. Un proxecto que, dez anos despois da súa partida, reúne voces de Galiza, Portugal, Inglaterra e Moçambique para reconstruír, desde perspectivas diferentes, a figura de Fran Pérez e a pegada que deixou en todas elas. Non é unha biografía convencional nin pretende pechar nun único relato a vida e a obra de Narf. É un retrato coral, poliédrico e necesariamente incompleto: unha suma de lembranzas, documentos, músicas, fotografías e palabras que permiten achegarse desde um lugar privilexiado ao artista e á persoa.
A música foi o centro da traxectoria de Narf, pero arredor dela medraron outras dimensións creativas, como o teatro, a escrita, as viaxes e os encontros con artistas de procedencias diversas. Canto sentido pon o foco nesa dimensión colectiva da súa obra: nas amizades, colaboracións, proxectos e experiencias compartidas que deron forma á súa obra.
O libro reúne textos e materiais de persoas que o coñeceron e que compartiron con el diferentes momentos da súa vida: Xelís de Toro, Marga Tojo, Carlos Santiago, Quico Cadaval, Alfonso Espiño, Antonio Pérez, Pepe Sendón, Ramón Bermejo, Marcos Teira, Javier Abraldes, Fran Pérez, Prue Waller, Curtis Lugay, Jim Sanders, Uxía, Cremildo Bahule, Catarina Estrela, Montse Dopico, Cheny Wa Gune, Sónia Sultuane, María Pérez, Zé Rui Martins e Antonio Vázquez.
Inclúe a totalidade das súas letras, máis dun centenar de fotografías, partituras, documentos e outros materiais relacionados coa súa traxectoria. Entre eles destaca o diario da súa irmá María, que acompaña as emocións, as conversas e os preparativos dos días previos á súa última actuación.
O libro complétase cunha antoloxía de gravacións da súa traxectoria, con pezas e rexistros que permiten volver escoitar a voz e a música de Narf, e cunha selección de bonus tracks con músicas creadas para o teatro, a videocreación e outros proxectos artísticos. Todo este contido sonoro estará dispoñible para descarga a través do código QR incluído en todos os exemplares. Unha parte da edición incluirá, ademais, o CD físico.

- Editorial: A Central Folque |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 979-13-990115-7-9 |