Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Ruvira, Sofía

Dos afectos, o río

Volver á casa dos avós parecía unha forma de honrar o pasado e a memoria dos seus.
Unha xornalista regresa á vila familiar na procura de respostas e atopa caixas cheas de cartas, documentos e lembranzas dunha historia que apenas coñecía: a dun avó que loitou pola súa xente e polo río, que se enfrontou ao poder e que chegou a converterse nun símbolo para a veciñanza. Pero investigar tamén é aprender a mirar de novo, e hai memorias que, cando se abren, cambian para sempre a maneira en que entendemos os afectos, a familia e a nós mesmas.
Dos afectos, o río reflexiona sobre o que herdamos, sobre os silencios familiares e sobre a difícil tarefa de coñecer e recoñecer a verdade cando esta tamén doe. Porque hai historias que se esquecen e outras que se calan, pero que cando as descubrimos xa non nos permiten mirar para outro lado.
  • Editorial: GALAXIA |
  • Páxinas: 204 |
  • Dimensións: 150x230 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-1176-645-6 |