Horario: De 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30h. Pechamos martes pola mañá e domingos todo o día. | Contacto: [email protected] / 981 560 250

Ortega, Rena

A VIDA SECRETA DE PAPA NOEL

Preguntácheste algunha vez que fai Papá Noel durante os outros 364 días do ano?

O Polo Norte garda moitos máis segredos dos que imaxinas. E, por primeira vez, os seus arquivos confidenciais ábrense para descubrirche todo o que acontece detrás da noite máis máxica do ano.

Adéntrate na aldea de Papá Noel, percorre a súa casa habitación por habitación e descubre como funciona a incrible fábrica de xoguetes. Coñece os distintos oficios dos elfos, visita a oficina onde se clasifican millóns de cartas e atrévete a entrar no Gran Arquivo Secreto, onde se conservan os expedientes de todos os nenos e nenas do mundo.

Sabías que os renos adestran durante todo o ano? Como consegue Papá Noel repartir tantos agasallos nunha soa noite? Que acontece cando un neno ou unha nena pide algo imposible? E como podes descubrir se Papá Noel pasou realmente pola túa casa?

A través de mapas, planos, documentos secretos, expedientes e magníficas ilustracións, Rena Ortega convídanos a explorar un universo de Nadal cheo de imaxinación, curiosidades e pequenos detalles sorprendentes.

E, ao final do percorrido, atoparás un pequeno titorial para escribir a túa propia carta de Nadal, seguindo os consellos dos elfos do Polo Norte.

Todo o que sempre quixeches saber sobre Papá Noel… e nunca puideches preguntarlle!
  • Editorial: Do cumio |
  • Páxinas: 48 |
  • Dimensións: 250x300 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8289-850-6 |