Non temos límites (Obra dispersa, 1990-2014)
Este volume titulado Non temos límites. Obra dispersa, 1990-2014 (Alvarellos editora), nunha edición ao coidado de Ana Romaní, María Xesús Nogueira e Carme Vidal, descúbrenos
«a outra obra» de Begoña Caamaño: a da xornalista, a da activista, a dunha autora con mirada crítica e compromiso feminista, social
e político. Non temos límites reúne os seus textos periodísticos, as conferencias, os guións radiofónicos
e outros escritos que foi creando e difundindo entre 1990 e 2014. Son máis de cincuenta textos, dos que boa parte quedaran esquecidos en diversas publicacións; outros son inéditos, e todos
xuntos revélannos á Begoña Caamaño de non ficción.
«A obra xustifícase polo valor intrínseco do material que reúne sinalan no limiar as responsables
desta edición. Heteroxéneos na súa
forma, contido e destino, os escritos mostran o coñecemento e a maneira de estar no mundo dunha autora que tomou posición nos debates do seu tempo.

- Editorial: Alvarellos Editora |
- Páxinas: 324 |
- Dimensións: 130x230 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 979-13-88293-04-7 |