Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Dubert, Isidro | Gago, Manuel | González García, Francisco | Andrade Cernadas, José Miguel | López Carreira, Anselmo | Rey Castelao, Ofelia | Monteagu

Historia das historias de Galicia

No seo da sociedade galega actual circulan distintas historias arredor da importancia que tiveron os celtas na nosa cultura, sobre a orixe do vello Reino de Galicia, a «doma e castración da nobreza», a existencia dos Séculos Escuros, a chegada e instalación dos cataláns, o fusilamento dos Mártires de Carral ou o suposto «atraso secular» de Galicia. Unhas historias cuxo contido e sentido leva mudado en función das distintas conxunturas políticas e culturais polas que atravesou o país. Malia iso, e ata o de agora, rara vez os historiadores prestaron atención a eses cambios e mudanzas, ás súas implicacións sociais, culturais ou ideolóxicas ou ao que realmente se agocha tras elas. Os traballos recollidos neste volume tratan de pór remedio a este esquecemento, desvelando así aspectos pouco coñecidos ?e mesmo inéditos? do noso pasado colectivo.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 408 |
  • Dimensiones: 145x220 |
  • Idioma: Gallego |
  • ISBN: 978-84-9121-001-6 |