O porquiño
A historia do porquiño que acaba cimentado na beirarrúa dunha gran cidade
xorde da imaxinación de Arnold Lobel como outros relatos entrañables,
sinxelos e fermosos dos que tamén é autor, como Sopa de rato,
Contos de ratiños
e Tío Elefante, publicados por KALANDRAKA. A súa obra
caracterízase pola busca dos acentos persoais, as emocións básicas e os
ambientes cotiás. De aí a concisión do seu estilo literario, a base de
palabras esenciais, como a condición humana que intenta plasmar.
Unha acción tan inocente e á vez tan contraditoria como a limpeza dun
cortello, desencadea unha serie de despropósitos que converten o porquiño
no protagonista dunha complexa operación de rescate.
- Editorial: Kalandraka Editora |
- Ano: 2009 |
- Páxinas: 72 |
- Dimensións: 150x215 |
- Idioma: castelán |
- ISBN: 978-84-8464-703-4 |