OIKO-NOMÍA DO XÉNERO
A visión que nos presentaron historicamente como verdade única e que foi usada como criterio socializador, así como os conceptos empregados na confección do discurso patriarcal son sinxelas proxeccións do actual paradigma interpretativo: a perspectiva patriarcal, edificada como norma hermenéutica, que se impón como prisma para ler a evolución das sociedades e das súas subxectividades interiores.
Rebeca Baceiredo, nunha fina re-interpretación das pegadas históricas, que van desde a Prehistoria ata a vertixinosa contemporaneidade do neoliberalismo, pasando pola Idade Media e por varios sistemas culturais non occidentais, proponnos con unha re-visión e axuste daquel mito explicativo, a partir da análise do xénero como función subalterna e da íntima relación que garda co concepto de propiedade, oiko, e co da súa xestión, nómos.

- Editorial: Axoúxere |
- Páginas: 211 |
- Dimensiones: 140x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-944763-3-4 |