Ola ~ adeus. Os contrarios nun álbum máxico
?Ola ~ adeus? é un libro interactivo que invita a xogar
cunha vintena de palabras e cos seus antónimos.
Está recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos que,
coa axuda dun marco bicolor que contén un filtro óptico azul
e outro vermello, permite descubrir a imaxe que lle corresponde
á definición que figura na páxina contigua.
O máxico e sorprendente desta obra é que en cada ilustración
atópanse -unidas e fundidas, aínda que diferenciadas pola forma
e pola cor- un concepto e o seu contrario. Para ver aparecer a noite
e despois o día, ou a cidade primeiro e logo o campo, ou nocións como cerca e lonxe, abonda con mirar a mesma imaxe:
unha vez a través do filtro azul e outra a través do filtro vermello.

- Editorial: Kalandraka Editora |
- Páxinas: 48 |
- Dimensións: 235x285 |
- Idioma: Galego |
- Tradución: BALLESTEROS, XOSÉ |
- ISBN: 978-84-8464-937-3 |