Case perfecto
Un científico famoso morre en circunstancias extrañas, semellantes ás que aparecen nunha novela escrita anos atrás pola súa dona, de quen vive separado. Un dos fillos acusa á nai de ser culpable desa morte. A nai para defenderse escríbelle unha longa carta na que analiza o papel que os distintos personaxes tiveron naquela morte. Case perfecto obriga ao lector a tomar partido, a decidir se está asistindo ao relato dun crimen "case perfecto" ou dun desgraciado suceso, produto do azar. Co seu peculiar sentido do humor e a sua habitual sutileza para penetrar nos recunchos máis fondos do ser humano, Marina Mayoral mostra en Case perfecto a complexa trama de sentimentos que une e desune aos membros dunha familia, coa que moitos lectores se sentirán indentificados
- Editorial: Xerais |
- Páginas: 296 |
- Dimensiones: 145x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-9782-530-6 |