Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

XUBÍN, ISAAC

A cadencia da fractura

O neno acudía sempre á liturxia e chegou a ser consciente da relevancia das contradicións, o seu significado, aprender a desobedecer. O neno nacera, de feito, no lugar en que abrolla a propia execución da cerimonia que cantaba a praxe dunha supervivencia que despois o obrigou a desfacerse de todo aquilo que daba forma ao culto, tivo que aprender a cruzar os ríos. Foi así como puido reparar nos vencellos entre mobilidade, violencia, linguaxe e corpo.
Todo comeza, tamén aquí, co movemento da morte, da ausencia e da derrota que prende un lume. A necesidade de determinar e de medir, a procura dun padrón. O resultado é a consciencia dos límites, dos movementos.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-221-8 |