Os estudos superiores de arte dramática
Os estudos superiores de arte dramática é unha Guía práctica elaborada por Manuel F. Vieites na que se ofrece unha visión xeral sobre os contidos e as saídas profesionais sobre os estudos superiores de Arte Dramática nas tres especialidades contempladas pola lexislación vixente. Dirixido especialmente aos lectores e lectoras que queran vincular o seu futuro profesional ao campo das artes do espectáculo e da representación e ao da produción audiovisual. Inclúe unha guía completa sobre as probas de acceso específicas para estes estudos, ademais de fornecer diversas claves para a súa preparación e realización.
- Editorial: GALAXIA |
- Páginas: 172 |
- Dimensiones: 135x210 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-738-8 |