Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Caramés, María Carmen

Dos días escuros

A liña do tempo desdebúxase nos seus extremos entre a esperanza e a devastación e, suspendida no centro dese arame de funambulista, a vítima do maltrato tenta aínda unha última reflexión. Dos días de anguria e soidade, escuros, xorden as preguntas e albíscase o xerme do naufraxio pero tamén a paixón para afrontar a loita.
A resistencia non é de balde, con todo, e sempre quedará o sinal de cada negación, dos ollos indiferentes que non quixeron ver, da man desafecta que non acudiu, da súplica silenciosa que ninguén escoitou? Nunca a reconstrución será completa.
  • Editorial: Xerais |
  • Ano: 2015 |
  • Páxinas: 64 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9914-814-4 |