Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

CARLOS L.BERNARDEZ

Bestiario en pedra

Bestiario en pedra. Animais fabulosos da arte medieval galega pretende recuperar unha parte esquecida do noso patrimonio artístico e simbólico. Aínda que a maioría da xente actual nos as «ve», a arte medieval está repleta de representacións de animais, nas marxes dos manuscritos, na escultura decorativa, nos capiteis, nas cornixas e gárgolas e nos cadeirados de coro. Os temas e motivos simbólicos dos animais fabulosos, con paralelos en Europa, presentan en Galicia unha riqueza e unha variedade realmente extraordinarias. Destacan os conxuntos das catedrais de Santiago e Ourense, da igrexa e do espectacular claustro de San Francisco de Ourense, das igrexas betanceiras, das de Ribadavia, desa xoia que se chama Santiago de Breixa... Os autores recollen os exemplos de anfisbenas, basiliscos, bestas apocalípticas, centauros, dragóns, grifóns, harpías, sereas ave e sereas peixe na arte do noso país. E fornecen un amplo repertorio de textos, antigos e medievais, e unha interpretación que permiten entender a súa omnipresenza nas nosas catedrais e igrexas.
  • Editorial: Trea |
  • Dimensiones: 170x240 |
  • Idioma: castelán |
  • ISBN: 978-84-95364-27-2 |