Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Yousafzai, Malala

O lapis máxico de Malala

O primeiro álbum ilustrado de Malala inspirará a nenos e nenas de todo o mundo a atopar a maxia ao seu redor.
Malala, como o personaxe dunha serie da televisión, desexaba ter un lapis máxico. Con el faría feliz a súa familia, borraría o cheiro a lixo da cidade, detería o tempo para durmir unha hora máis pola mañá... Pero nun momento dado caeu na conta de que había cousas máis importantes que arelar. Non lle gustaba o mundo que vía e quería mudalo. E aínda que nunca atopou un lapis máxico, decatouse de que podía traballar arreo para facer realidade os seus desexos.
Este volume, fermosamente ilustrado, narra a historia de Malala para o lectorado máis novo e amosa como se pode abrazar a esperanza, mesmo nos momentos máis difíciles.
  • Editorial: Xerais |
  • Páginas: 48 |
  • Dimensiones: 245x270 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: ALONSO SEISDEDOS, MARÍA DEL CARMEN |
  • ISBN: 978-84-9121-284-3 |