Escolantes e escolas de ferrado
As escolas de ferrado chamábanse así porque inicialmente se pagaba un ferrado anual de centeo, millo ou trigo pola escolarización de cada neno ou nena. estas escolas, que persistirán ata os inicios da década de 1970, instalábanse en locais improvisados, dispuñan dun mobiliario e material rudimentario e limitábanse normalmente ao ensino das destrezas básicas ler, escribir e contar, seguindo procedementos didácticos tradicionais. Os seus encargados, os escolantes, tiñan unha formación literaria limitada, pois as máis das veces só fixeran estudios primarios, e carecían de formación pedagóxica. Compaxinaban o ensino co traballo da terra e outros oficios. Malia todas estas carencias, subliñadas pola administración escolar e a pedagoxía, as escolas de ferrado cumpriron unha importante función, pois nelas aprendeu a ler e a escribir unha boa parte da poboació rural galega. O libro remata con dous anexos, nos que se reconstrúe a traxectria dun escolante de longo percorrido, José Miranda Fernández e dun mestre republicano, Arximiro Rico Taboada.
- Editorial: Xerais |
- Año: 2001 |
- Páginas: 432 |
- Dimensiones: 145x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8302-713-4 |