O Manifesto comunista
O manifesto comunistaö é un clásico do movemento emancipatorio. A súa perennidade atópase no impulso moral que o inspira: o aborrecemento da inxustiza. As ideas centrais que discorren ao longo do manifesto son: a) que o modo económico dominante de produción e a estrutura social que se deriva del nunha época histórica constitúe o fundamento sobre o que se basea a súa historia política e intelectual, que unicamente se pode explicar a partir desa base; b) que a historia da humanidade foi unha historia de loitas entre as clases explotadoras e explotadas; c) que esa historia de loita de clases chegou a unha etapa na que a clase explotada e oprimida os traballadores da era industrial non poden liberarse sen liberar toda a sociedade da explotación e opresión, isto é, sen poñer fin ás loitas de clases. (Juan Ramón Capella, Leerö El Manifiesto Comunista hoyö)
- Editorial: Xerais |
- Año: 2015 |
- Páginas: 128 |
- Dimensiones: 130x205 |
- Idioma: Gallego |
- Traducción: Meyer, Franck |
- ISBN: 978-84-9914-778-9 |