Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Cicerón, Quinto Tulio

Breviario de campaña electoral

No ano 64 aC Marco Tulio Cicerón preséntase como candidato ao Consulado, a máis alta maxistratura da República Romana. O seu irmán pequeno, Quinto, decide axudalo e escríbelle o Commentariolun petitionis –así denominado en latín este Breviario de campaña electoral–, unha longa misiva na que se lle aconsella cómo bater os seus adversarios e así convertese en cónsul.

As eleccións desenvolvíanse no Campo de Marte, onde se xuntaban as centurias*, sendo daquela o voto secreto. O candidatus, chamado así pois tiña que levar unha toga branca (toga candida) para ser identificado como tal, era aquel oa que lle fora aceptada a petitio. Os actos de campaña eran coñecidos como ambitos ou ambitio (é fácil recoñecer a tradución deste último termo).
  • Editorial: Positivas |
  • Ano: 2005 |
  • Páxinas: 56 |
  • Idioma: Galego |
  • Tradución: Sabaté, Onofre |
  • ISBN: 978-84-87783-84-5 |