Resistir no escenario
O teatro galego é, seguramente, o máis mozo de todos os discursos mozos da cultura galega. Quizais por iso se ten depositado a responsabilidade de explicar as vicisitudes da súa última andaina nos seus propios artífices, a miúdo máis atarefados no día a día da súa inmediatez e das súas necesidades vitais ca nunha explicación teórica, verdadeiramente reflexiva e rigorosa, arredor do punto teatral ao que chegamos. Esta monografía explora o teatro galego actual a través dun relato que, facendo fincapé nos diversos presentes sucesivos ao longo do tempo, dea conta da capacidade das xentes do teatro para incidir no seu propio destino como artistas e mais da capacidade de todos para definir o teatro galego da maneira máis útil e eficaz.
- Editorial: USC |
- Páxinas: 402 |
- Dimensións: 170x240 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-16533-48-0 |