Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

Seixas, Manuel

Bailarina

Bailarina desenvolve a súa acción no século XXII, no Ano Terrestre 2120. Manuel Seixas crea un Universo de cores e emocións, ateigado de realidade virtual e submisión fronte ó establecido, no que, paradoxicamente aínda existen pequenas estrelas raras. Estrelas que brillan intensas nesta Bailarina, peculiar novela de ciencia ficción inzada de paixón e intriga, na que os personaxes tentan atopar a identidade persoal entre labirintos de información controlada, ou o sentido da súa existencia entre a loucura do amor e o desamor. Velaquí xentes que non son o que parecen, sentimentos enfrontados á razón fría da tecnoloxía máis depuarda, relacións que se entrelazan nun fondo de incerteza e desacougo, nunha especial mestura de enigmas, bágoas e acción.
Bailarina propón unha fantastica viaxe a través do espacio do corazón, unha inquietante e persoal visión do futuro, na que o lector pode xogar cos dados do azar á procura da solución para as eternas preguntas sen resposta.
Manuel Seixas construíu un Universo Bailarina, xa que a novela se completa cunha exposición de colaxes, obra de Xurxo Romero, "Imaxes para Bailarina" e cunha selección musical dos temas que se escoitan na novela que será acompañarán as presentacións que do libro se realicen nos próximos meses.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 232 |
  • Dimensións: 146x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-8302-405-8 |