Horarios: Luns a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artigo non está en tenda. Consulta a súa dispoñibilidade no teléfono 981560250 ou escribindo a [email protected]

SÁNCHEZ IGLESIAS, CESÁREO

As bolboretas do Mekong

No seu delta, o Mekong é chamado Río dos nove dragóns, porque abre en grandes brazos e milleiros de canles coma veas dun corpo fluvial. Evoca xungla, mantras budistas e fedor xelatinoso e pegañento do mortal napalm.
Coas imaxes televisadas dos bombardeos dos B-52 na memoria da adolescencia, e levando no fardel a dor colectiva da Illa de San Simón, o Portiño, Aranga... ou Sabra e Shatila, Saraxevo, Auschwitz..., o poeta percorre as terras que o río Mekong irmanda coma un combatente solitario, coma un bo doi, e atopa as cicatrices que cobren o corpo do Vietnam e da Camboxa actuais.
As bolboretas do Mekong pretende ser un libro xusto con estes pobos que venceron a maior maquinaria de guerra nunca coñecida e que hoxe rebordan esperanza. A pesar da morte que os marcou, que abrasou a selva e envelenou a terra, colleitan de novo o sementado polas xeracións precedentes. Porque as chuvias cálidas do monzón seguen asolagando cada ano os eidos das chairas de arroz.
  • Editorial: Xerais |
  • Páxinas: 216 |
  • Dimensións: 145x220 |
  • Idioma: Galego |
  • ISBN: 978-84-9121-450-2 |