Horarios: Lunes a sábado (excepto martes) de 10:30 a 14:00 y de 16:00 a 20:30 / Martes de 16:00 a 20:30. Contacto: [email protected] / 981 560 250

Este artículo no está en tienda. Consulta su dispomibilidad en el teléfono 981560250 o escribiendo a [email protected]

Proença, Pedro | Celej, Zuzanna | Mañas, Pedro

O segredo de Avó Oso

Coma un borrón de tinta chinesa sobre un caderno en branco.
Así cae a sombra de Mamá Corvo sobre as árbores.
Arroupado coa súa manta de neve, o bosque dorme.
Mamá Corvo gralla dende unha póla.
?Cinco minutos máis ?bocexa o vento...
O bosque é o nevado escenario onde se atopan Mamá Corvo e Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo. Non está entre as árbores, nin no tobo, nin na lagoa? e a inseguridade da dúbida faino sentirse vulnerable.
O misterio envolve esta fermosa obra narrativa na que a natureza
é un personaxe máis; unha natureza humanizada pola poética
do texto de Pedro Mañas, con metáforas que acentúan o ton descritivo da historia.
  • Editorial: Kalandraka Editora |
  • Páginas: 40 |
  • Dimensiones: 185x255 |
  • Idioma: Gallego |
  • Traducción: RODRÍGUEZ, MANUELA |
  • ISBN: 978-84-8464-426-2 |