O atraso económico da Galiza
Malia o tempo transcorrido desde a súa primeira edición, o libro do profesor Xosé Manuel Beiras segue a gozar dunha enorme actualidade. Mudaron os tempos, mudaron as formas, mudaron os métodos, pero os problemas de fondo, as causas e as razóns do atraso económico da Galiza son basicamente os mesmos. De aí, a oportunidade, e mesmo a necesidade, desta reedición, notabelmente enriquecida e acrecentada cunha serie de notas aclaratorias e complementarias que ilustran os principais argumentos desta obra xa clásica no panorama do pensamento económico.
- Editorial: Laiovento |
- Páxinas: 280 |
- Dimensións: 140x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-89896-05-5 |