A illa das mulleres loucas
O espazo mítico dunha illa serve a Pexegueiro para iniciar unha pescuda que o ha levar, a través dunha voz marcadamente feminina a baleirar de sentido as trampas da existencia. Este libro é a expresión dunha nova forma de poesía, que provén e se dirixe ao inconsciente, poesía que nos sacode e desacouga pero que tamén nos ofrece refuxio. En A illa das mulleres loucas as fronteiras entre pasado, presente e futuro unifícanse e esvaécense. Amósase neste libro unha nova dimensión do tempo, a da liberdade da palabra.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 88 |
- Dimensiones: 122x219 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-664-0 |