A ponte das poldras
A sintaxe da utopía. Chus Pato fai da experiencia literaria unha paixón vital, unha experiencia de linguaxe que racha límites e axuda a elaborar o que a poeta chama ´a sintaxe da utopía´. Coa finalidade de achegar a lectoras e lectores poemaros de dificil acceso ou esgotados, pero fundamentais para comprender a poesía contemporánea, Galaxia recupera títulos coma este, editado por vez primeira no 96 e agora publicado nunha nova edición revisada pola autora. A poesía de Chus Pato ábrese a distintas realidades, explora territorios incómodos e, en A ponte das poldras, o poema traslada a lectoras e lectores a un espazo de emancipación, desde onde a poeta revisa a historia. En palabras da crítica literaria Iris Cochón, é unha obra que ´recupra o silenciado e inscribe o utópico´. A literatura arrequéntase coa plenitude derivada da imaxinación, da independencia persoal e comunitaria, dela xorde unha nova percepción e, pois que o mundo é linguaxe, tamén un mundo novo.
- Editorial: GALAXIA |
- Año: 2015 |
- Páginas: 72 |
- Dimensiones: 120x220 |
- Idioma: Gallego |
- ISBN: 978-84-8288-889-7 |