Artigos en La Nación
Galaxia recupera na súa colección Memoria unha parte moi importante do labor xornalístico de Blanco Amor. Artigos en ´La Nación´ inclúe unha escolma das crónicas publicadas polo autor d¿A Esmorga entre 1929 e 1936 no diario arxentino La Nación, un testemuño privilexiado da Galicia daquel tempo. O Diario La Nación era unha das cabeceiras máis prestixiosas da República Arxentina naquela época. Nel Blanco Amor publicou unha serie de crónicas arredor de temas políticos e culturais, amais das que dedicou ás súas viaxes por Galicia, entre elas a reportaxe sobre a súa famosa travesía a bordo do pesqueiro Norita, que logo tamén daría pé ao seu Poema en catro tempos. A prosa literaria de Blanco Amor adáptase perfectamente ao formato xornalístico sen perder riqueza nin orixinalidade, conservando tamén a ´tensión do oficio´ propia dos medios de comunicación.
- Editorial: GALAXIA |
- Ano: 2015 |
- Páxinas: 252 |
- Dimensións: 135x210 |
- Idioma: Galego |
- ISBN: 978-84-8288-758-6 |